SAÍDA Á LANZADA
DOS NOSOS CLUBS DE LECTURA
O pasado venres 18 o alumnado participante dos Clubs de Lectura realizou unha pequena ruta con destino á praia da Lanzada.
Aínda que o tempo non nos acompañou moito, o alumnado e as mestras desfrutaron desta xornada con xogos e algún que outro baño na praia.