sábado, 16 de abril de 2016

CANTA BICHERÍA!

Os membros do CLUB DE LECTURA visitaron o SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL de Pontevedra.

Primeiro fixeron un pequeno percorrido polos lugares máis emblemáticos da cidade e logo entraron con moita ansia na maxia do SALÓN DO LIBRO.

CANTA BICHERÍA! é o título do salón deste ano e está ambientado no libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", escrito de manera exclusiva para este evento por Ledicia Costas. 




Ledicia Costas é unha escritora ben coñecida polos membros do noso club xa que un dos libros que leron foi unha obra súa, polo que sabemos que ten moitos fans entre os alumnos.

Aí van unhas fotos para non esquecer un día tan especial!



-

lunes, 1 de febrero de 2016

UN NOVO LIBRO PARA OS NOSOS LECTORES!

"O que quero contar empezou unha mañá, tanto ten se era de xaneiro ou se era de abril, porque á historia iso non lle afecta, pero era de xaneiro."

Así comeza o libro que van ler os membros do club de lectura neste trimestre. Atrévense cunha historia de detectives que seguro lles deparará grandes sorpresas.

Coñecerán a Etelvino Chouteiro, detective marsupial, que será o encargado de investigar por que unha estraña epidemia se estende por Australia.

O título é "O DETECTIVE DE NULLARBOR" escrito por Antonio Yáñez Casal e con ilustracións de Dani Padrón. Este libro mereceu o Premio O Barco de Vapor 2013.


Antonio Yañez naceu en Ferrol no 1959. Publicou varias noveliñas, algún conto e unha obra de teatro, e case todos os seus libros recibiron algún premio ou recoñecemento.

Dani Padrón naceu en Ourense no 1983. Chegou á ilustración a través da caricatura e o cómic. Comezou a súa aventura como ilustrador infantil no ano 2011.


FELICES LECTURAS!!!

jueves, 10 de diciembre de 2015

O PRIMEIRO LIBRO DE MOITOS...

Os nenos que forman parte do club de lectura xa leron o seu primeiro libro como membros do club.

Din que a experiencia foi fantástica e que os dous libros foron moi divertidos e interesantes.

Como fin de sesión quixeron levar á práctica algunhas das experiencias que se relataban nos libros.

Os membros do "CLUB DOS LECTORES BRIBONES", que leron "As bruxas", decidiron facer unha apócema coa que convidar aos seus colegas.

Os membros do "CLUB DOS XÓVENES MOSQUETEIROS", que leron "Escarlatina, a cociñeira defunta" elaboraron unha deliciosa receita das que aparecían no seu libro para agasallar aos compañeiros.

O RESULTADO FOI...... XENIAL!!!














E despois dese intercambio de manxares... o máis importante...  O INTERCAMBIO DOS LIBROS!!!

lunes, 16 de noviembre de 2015

domingo, 15 de noviembre de 2015

IMAXINA QUE...

Na entrada do colexio dispuxéronse dous paneis para que os membros dos clubs de lectura poidan pegar calquera tipo de traballo que lles apeteza facer, relacionado cos libros que están lendo.

Seguro que aparecen cousas moi orixinais, xa que a estes nenos imaxinación non lles falta. 

A ver con que nos sorprenden!!!