lunes, 19 de marzo de 2018

O club dos xovenes mosqueteiros que estaba a ler " O Principiño",  e o club de "ladrones de libros" remataron a lectura dos mesmos e aquí deixamos algúns videos ca opinión dos alumnos que compoñen cada club.
clica na imaxe para ver o vídeo
clica na imaxe para ver o vídeo 

clica na imaxe para ver o vídeo

lunes, 19 de febrero de 2018

ANTROIDO NOS CLUBS DE LECTURA


No Antroido aproveitamos para disfrazarnos e facer xogos. 
Aquí deixamos algunhas imaxes dos tres clubs. 




miércoles, 25 de enero de 2017

CAMBIO DE LIBROS NO CLUB DE LECTURA!

Coa chegada do 2º trimestre os membros dos clubs de lectura intercambiaron os seus libros.

Esperemos que ninguén desvelara o final!!!


FELICES LECTURAS!!!

domingo, 18 de diciembre de 2016

LEDICIA COSTAS VISITA O COLEXIO



O pasado xoves os membros dos clubs de lectura gozaron coma nunca xa que recibiron a visita dunha escritora á que lle teñen moito cariño, por algo o primeiro libro que leron no club foi unha publicación súa. 

Falamos de Ledicia Costas que estivo na biblioteca para charlar cos nenos sobre os seus libros.

Dende logo notábase que os rapaces coñecían ben a obra de Ledicia que se mostrou gratamente sorprendida polo nivel que tiñan os lectores do Cruceiro.

Mantiveron un coloquio moi interesante do que deixamos aquí unha pequena pincelada.

ESCRIBIR UN LIBRO LEVA MOITO TEMPO???



A IMPORTANCIA DAS ILUSTRACIÓNS NOS LIBROS DE LEDICIA!!!




OS SEUS FAVORITOS!!!




"JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA"




O PRÓXIMO LIBRO...





Como estamos no Nadal unha nena preguntoulle a Ledicia se tiña pensado escribir algunha historia relacionada con estas festas e... SORPRESA, resultou que SIIIIIIIII!!!

Ledicia ten algunhas ideas e contounos que os bastoncillos de caramelo típicos desta celebración aparecerían polo libro e ...  SINTOO PERO XA NON PODO DICIR MÁIS, É UN SEGREDO!!! Tanto é así que nin gravamos en vídeo o que Ledicia nos contou sobre esa posible historia.
Teremos que esperar!!!

Aquí vos deixo unhas fotos do coloquio.



-


MOITAS GRAZAS LEDICIA!!!

viernes, 2 de diciembre de 2016

MANNEQUIN CHALLENGE


Que é o "Mannequin Challenge"?

O reto do Mannequin Challenge consiste en gravar un vídeo con todos os protagonistas inmóbiles, como no medio dunha escea conxelada, igual que se foran maniquíes.

Para que o Mannequin Challenge sexa máis impactante, os participantes terán que valerse do seu enxeño para quedar quedos na postura escollida.

Non sabemos o que andan "argallando" os membros do club de lectura pero están facendo prácticas para facer o seu Mannequin Challenge!!!

Que vos parece o que fixeron?



Eu penso que para ser o primeiro está moi ben pero seguro que poden melloralo!!!

martes, 18 de octubre de 2016

TACHÁAAAAN!!! OS LIBROS SELECCIONADOS PARA OS CLUBS DE LECTURA SON...



APAIXONANTE, CONMOVEDORA, BRILLANTE!! 

Así é a novela de Patrick Ness.
"Un monstro vén a verme" é unha historia emocionante e extraordinaria sobre un neno, a súa nai enferma e o monstro que vén a visitalo.

Sete minutos despois da medianoite, Conor esperta e atópase cun monstro na ventá. Pero non é o monstro que esperaba, o do pesadelo que ten case todas as noites dende que a súa nai comezou o arduo e incansable tratamento.
Non, este monstro é algo diferente, antigo... E quere o máis perigoso de todo: a verdade.

Divertida e conmovedora, esta novela fálanos da nosa dificultade para aceptar a perda e dos lazos tan poderosos que nos unen á vida.




Premio Lazarillo de Creación Literaria 2015

"Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible. 


O 21 de maio de 1884, Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate.

O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta.
Lograría, por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía?

Na botica do vello Philipot custódiase un importate segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas de misterio.

A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia.

O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza.
QUE BOA PINTA TEÑEN ESTES LIBROS! 

lunes, 17 de octubre de 2016

CLUBS DE LECTURA CURSO 2016-2017




QUEREDES LER???

Animádevos e anotádevos nos clubs de lectura deste curso!

Os libros cos que comezaremos son moi interesantes e seguro que pasaredes uns momentos fantásticos gozando da súa lectura.

Do MÉRCORES 19 ao VENRES 21 de OUTUBRO estará aberto o prazo de inscrición na Secretaría.

ANIMÁDEVOS!!!