viernes, 10 de mayo de 2024

O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo


 Os clubes capitaneados pola profe Irene e a profe Noelia rematan hoxe a lectura e comentarios deste libro de misterio dun xeito moi doce: con magdalenas personalizadas para a ocasión!
Este libro deixounos sensacións un tanto agridoces: por unha banda, gustounos o misterio plantexado, pero por outra... non vemos moi clara a resolución final. Iso sí: recomendámolo 100%, non vos deixará indiferentes!



Videocomentarios do libro "A folla Azul"

O club de lectura capitaneado pola profe Patri xa ten as súas opinións formadas tras vivir a aventura narrada por Andrea Maceiras.
 Sería do seu agrado? Será recomendado por eles? pinchade nos seguintes vídeo para atopar a resposta!






lunes, 8 de abril de 2024

A folla azul

Nesta ocasión, o club de lectores bribones, capitaneados pola profe Irene, comentou o libro A folla azul, neste audio que podedes escoitar pinchando no enlace que aparece a continuación:


Comentario A folla azul



Como puidestes escoitar, é un libro que gustou moito, animádevos a lelo!




viernes, 26 de enero de 2024

Hooyo! Hooyo!

 En este primer trimestre, los clubes capitaneados por las profes Irene (Club dos lectores bribones) y Noelia (Club dos xóvenes mosqueteiros), han leído la novela gráfica "Cuando brillan las estrellas" de Victoria Jamieson y Omar Mohamed.


Los protagonistas de esta historia son Omar y Hassán, dos niños que viven en un campo de refugiados de Kenia. Nuestras impresiones son las siguientes:

"El principio, cuando los niños empiezan la escuela y sus aventuras, me ha gustado, pero el final me decepcionó" - Hugo Piñón, 6ºB

"En general el libro nos gustó mucho, aunque esperábamos que se fuesen del campo de refugiados siendo niños". Alexandre Barral y Brais Núñez, 5º y 6ºB.

"A mí me encantó el libro: es una historia bastante bonita." Manuel González, 5º.

"Recomiendo este libro: es lindo y la historia está muy bien construida. El desarrollo de personajes era genial y se pudo sentir e imaginar lo mucho que habrán sufrido y todo por lo que han pasado." Victoria C. Prado. 5º

"No me gustó demasiado porque no tiene mucha acción ni peleas". Noelia Sassi, 5º.

En general, le falta un poco más de acción" Naia Vidal y Raúl Mouco, 6ºA y 6ºB.

Recomendamos el libro si os gusta África, los dramas y las novelas gráficas. A Daniela Fandiño, de 6ºA, le gustó la historia pero le hubiese gustado más que fuese narrativa. 

Como broche final, todos estamos de acuerdo en que, te guste o no la historia, no te dejará indiferente. Anímate a leerla!




lunes, 17 de enero de 2022

 Ano novo... novas lecturas!

Despois de rematar os nosos primeiros libros en decembro e, tras un merecido descanso, os clubes están de volta! 



As nosas reunións seguen sendo en venres, polo que este pasado venres reunímonos na aula de usos múltiples para intercambiar os nosos libros entre clubes. 






Próximamente seremos quen de opinar sobre as lecturas, así que estade atentos ao blog. Teremos a mesma visión que os nosos clubes compañeiros? Aportaremos novos puntos de vista? Pronto o descubriredes!


martes, 21 de diciembre de 2021

 

Un gran comezo...



Como ben sabedes, catro grupos de alumnos de 5º e 6º formamos parte do club de lectura. Este pasado venres rematamos as nosas primeiras lecturas:


- "A señorita Bubble -  Baixo cero" de Ledicia Costas. Este foi un libro que gustou moito, que compartiron un grupo de alumnos de 6ºB capitaneados pola profe Raquel. Todos os membros do clube coinciden en que superou as súas expectativas, e non poden agardar a ler a secuela!


- "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas. Este libro foi comentado por dous grupos de 5º coas profes Irene e Noelia aos mandos. A autora propúxonos descalzarnos e relaxarnos para meternos na lectura, cousa que fixemos en cada xuntanza. En xeral foi un libro que gustou, pero que se fixo curto e deixou aos membros con ganas de máis aventuras.


- "La guerra de 6ºA: alérgicos a 6ºB" de Sara Cano Fernández. Foi un grupo de 6ºA o que leu e comentou este libro xunto co profe Toño á cabeza, e recoméndano sen lugar a dúbidas. En palabras dos integrantes, mantén a emoción ata o final e é moi levadeiro á hora de ler.


Á volta de Nadal faremos un intercambio de libros entre os catro clubes, estamos desexando contarvos as nosas impresións! Ata entón, despedímonos desexándovos unhas boas festas e moitas lecturas que vos fagan voar. 


lunes, 21 de junio de 2021

                                                  

                                                     SAÍDA Á LANZADA 

                        DOS NOSOS CLUBS DE LECTURA 

O pasado venres 18 o alumnado participante dos Clubs de Lectura realizou unha pequena ruta con destino á praia da Lanzada.  

Aínda que o tempo non nos acompañou moito, o alumnado e as mestras desfrutaron desta xornada con xogos e algún que outro baño na praia.