martes, 21 de diciembre de 2021

 

Un gran comezo...



Como ben sabedes, catro grupos de alumnos de 5º e 6º formamos parte do club de lectura. Este pasado venres rematamos as nosas primeiras lecturas:


- "A señorita Bubble -  Baixo cero" de Ledicia Costas. Este foi un libro que gustou moito, que compartiron un grupo de alumnos de 6ºB capitaneados pola profe Raquel. Todos os membros do clube coinciden en que superou as súas expectativas, e non poden agardar a ler a secuela!


- "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas. Este libro foi comentado por dous grupos de 5º coas profes Irene e Noelia aos mandos. A autora propúxonos descalzarnos e relaxarnos para meternos na lectura, cousa que fixemos en cada xuntanza. En xeral foi un libro que gustou, pero que se fixo curto e deixou aos membros con ganas de máis aventuras.


- "La guerra de 6ºA: alérgicos a 6ºB" de Sara Cano Fernández. Foi un grupo de 6ºA o que leu e comentou este libro xunto co profe Toño á cabeza, e recoméndano sen lugar a dúbidas. En palabras dos integrantes, mantén a emoción ata o final e é moi levadeiro á hora de ler.


Á volta de Nadal faremos un intercambio de libros entre os catro clubes, estamos desexando contarvos as nosas impresións! Ata entón, despedímonos desexándovos unhas boas festas e moitas lecturas que vos fagan voar.