lunes, 21 de junio de 2021

                                                  

                                                     SAÍDA Á LANZADA 

                        DOS NOSOS CLUBS DE LECTURA 

O pasado venres 18 o alumnado participante dos Clubs de Lectura realizou unha pequena ruta con destino á praia da Lanzada.  

Aínda que o tempo non nos acompañou moito, o alumnado e as mestras desfrutaron desta xornada con xogos e algún que outro baño na praia. 











martes, 2 de marzo de 2021

 CLUBES DE LECTURA 2020 -2021

Benvid@s a esta nova aventura!

Os libros que imos ler este curso son:

 "O que sei do silencio" de Andrea Maceiras



«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»"O que sei do silencio" é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.


"Invisible" de Eloy Moreno



 
Emotiva, conmovedora, diferente... Invisible narra, a través de los ojos de un niño, una historia que podría ser la de cualquiera de nosotros.
¿Quién no ha deseado alguna vez ser invisible?
¿Quién no ha deseado alguna vez dejar de serlo?
Esta novela nos cuenta la historia de un joven que despierta en una cama de hospital sin recordar como es que llegó hasta ahí. Pero lo que si recuerda es de los superpoderes que había conseguido antes de su llegada al hospital. El más importante era el poder de hacerse invisible.
Luego de perfeccionar su súperpoder durante mucho tiempo, ya lo tenía prácticamente dominado. Nadie lo veía a excepción de su hermanita pequeña, con ella era la única con la que no podía desaparecer.


Ao remate da nosa experiencia, publicaremos un post coas nosas impresións sobre estes libros. Estade atentos! :)

martes, 22 de octubre de 2019

"UN MONSTRO VÉN A VERME"

        
IDIOMA: GALEGO
NÚMERO DE PÁXINAS: 143 
AO REMATE: VISIONAR A PELÍCULA 
ESTILO LITERARIO: DRAMA - TERROR 


Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara. Pero aquela noite foi diferente. Aquela noite, ao espertar, atopou un monstro na súa ventá. Era moi antigo, moi vello, e viña con toda a forza da natureza demandando algo moi especial: O Segredo máis oculto de Conor.