miércoles, 21 de octubre de 2015

OS XOVENES MOSQUETEIROS

 Xa está en marcha o 2º club de lectura formado por alumnos de 5º. Neste club elexiron como primeiro libro de Lectura: “Escarlatina Cociñeira defunta”, da  autora Ledicia Costas.
Autora: Ledicia Costas



Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais, labor que compaxina coa participación en diversos recitais, coa creación literaria e co exercicio profesional da avogacía. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.
A escritora Ledicia Costas acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta. Esta novela, publicada por Xerais ao gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, recibiu xa outros importantes recoñecementos como a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY, o Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor libro Infantil e Xuvenil da Asociación Galega de Editores, os Premios Fervenzas Literarias(votados polos internautas) ao Mellor libro infantil e Mellor portada de LIX  (Víctor Rivas).
Escarlatina. A cociñeira defunta leva vendidos nestes momentos 8.500 exemplares, un ano despois da súa publicación e está reimprimíndose a 5ª edición.
Este importante Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil únese aos xa conseguidos por Agustín Fernández Paz (O único que queda é o amor, Xerais, 2008), Fina Casalderrey (O misterio dos fillos de Lúa, 1996), Xabier P. DoCampo(Cando petan na porta pola noite, Xerais 1995), Paco Martín (Das cousas de Ramón Lamote, 1986).
Argumento do libro:
Escarlatina. A cociñeira defunta narra o que lle sucede ao neno Román Casas, que quería ser un auténtico chef, así que lle pediu aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincidía co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

domingo, 11 de octubre de 2015

CLUB DOS LECTORES BRIBONES

1º LIBRO SELECCIONADO:


“As Bruxas” de “Roald Dalh.

Roald Dalh: Nado o 13 de Setembro de 1916, Falecido en Oxford, 0 23 de Novembro de 1990. Novelista e autor de contos, famoso como escritor para nenos e adultos. Entre os seus libros máis populares están:
Charlie e a fábrica de chocolate.
Matilda
Iago e o Pexego Xigante.
As Bruxas
Múa,Múa etc…


A súa primeira obra titulouse “A piece of Cake” “Un anaco de Pastel”. Paralelamente os éxitos para nenos tamén escribiu contos para adultos. Entre os máis famosos (Home do Sur) (The Smoker ou Man from the South) filmado coma un episodio por Alfred Hitchock e adaptada a un anaco da película “Four Rooms”   de Quentin  Tarentino.

                                                                                                                                         
Se podría decir  en líneas generales que las obras de la ficción infantil de Roald poseen las siguientes características:
Os traballos infantis de Dahl  contanse usualmente dende o punto de vista dun neno/a frecuentemente involucrando a villanos adultos que odian e tratan mal os nenos/as e presentando o menos un bo adulto que contrarresta os villanos malos. Xeralmente conten  unha gran cantidad de humor negro e escenarios grotescos, que incluen en ocasións violencia.
As Bruxas e Matilda son dous claros exemplos.

Se podería decir en liñas xerais cas obras de ficción de Roald poseen as seguintes características:
a) Non existen adultos perfectos.
 b) Oposición entre o mundo infantil e o adulto.
 c) Concepción moderna de respeto  o neno/nena.
 d) Desenrolo das historias en escenarios familiares.
 e) A maxia