martes, 18 de octubre de 2016

TACHÁAAAAN!!! OS LIBROS SELECCIONADOS PARA OS CLUBS DE LECTURA SON...



APAIXONANTE, CONMOVEDORA, BRILLANTE!! 

Así é a novela de Patrick Ness.
"Un monstro vén a verme" é unha historia emocionante e extraordinaria sobre un neno, a súa nai enferma e o monstro que vén a visitalo.

Sete minutos despois da medianoite, Conor esperta e atópase cun monstro na ventá. Pero non é o monstro que esperaba, o do pesadelo que ten case todas as noites dende que a súa nai comezou o arduo e incansable tratamento.
Non, este monstro é algo diferente, antigo... E quere o máis perigoso de todo: a verdade.

Divertida e conmovedora, esta novela fálanos da nosa dificultade para aceptar a perda e dos lazos tan poderosos que nos unen á vida.




Premio Lazarillo de Creación Literaria 2015

"Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible. 


O 21 de maio de 1884, Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate.

O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta.
Lograría, por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía?

Na botica do vello Philipot custódiase un importate segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas de misterio.

A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia.

O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza.
QUE BOA PINTA TEÑEN ESTES LIBROS! 

lunes, 17 de octubre de 2016

CLUBS DE LECTURA CURSO 2016-2017




QUEREDES LER???

Animádevos e anotádevos nos clubs de lectura deste curso!

Os libros cos que comezaremos son moi interesantes e seguro que pasaredes uns momentos fantásticos gozando da súa lectura.

Do MÉRCORES 19 ao VENRES 21 de OUTUBRO estará aberto o prazo de inscrición na Secretaría.

ANIMÁDEVOS!!!