miércoles, 27 de abril de 2016

O NOVO LIBRO DOS CLUB DE LECTURA XA ESTÁ NO FORNO...

Os alumnos dos clubs de Lectura xa elexiron o seguinte libro, neste 3º trimestre , repetindo coa autora Ledicia Costas, xa que lle gustou moito o primeiro libro que leron da escritora: “Escarlatina Cociñeira Defunta”.


SINOPSIS DO LIBRO:
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste.
 Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial.
A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena.
 A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade.
Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.
 O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

sábado, 16 de abril de 2016

CANTA BICHERÍA!

Os membros do CLUB DE LECTURA visitaron o SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL de Pontevedra.

Primeiro fixeron un pequeno percorrido polos lugares máis emblemáticos da cidade e logo entraron con moita ansia na maxia do SALÓN DO LIBRO.

CANTA BICHERÍA! é o título do salón deste ano e está ambientado no libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", escrito de manera exclusiva para este evento por Ledicia Costas. 




Ledicia Costas é unha escritora ben coñecida polos membros do noso club xa que un dos libros que leron foi unha obra súa, polo que sabemos que ten moitos fans entre os alumnos.

Aí van unhas fotos para non esquecer un día tan especial!



-