lunes, 1 de febrero de 2016

UN NOVO LIBRO PARA OS NOSOS LECTORES!

"O que quero contar empezou unha mañá, tanto ten se era de xaneiro ou se era de abril, porque á historia iso non lle afecta, pero era de xaneiro."

Así comeza o libro que van ler os membros do club de lectura neste trimestre. Atrévense cunha historia de detectives que seguro lles deparará grandes sorpresas.

Coñecerán a Etelvino Chouteiro, detective marsupial, que será o encargado de investigar por que unha estraña epidemia se estende por Australia.

O título é "O DETECTIVE DE NULLARBOR" escrito por Antonio Yáñez Casal e con ilustracións de Dani Padrón. Este libro mereceu o Premio O Barco de Vapor 2013.


Antonio Yañez naceu en Ferrol no 1959. Publicou varias noveliñas, algún conto e unha obra de teatro, e case todos os seus libros recibiron algún premio ou recoñecemento.

Dani Padrón naceu en Ourense no 1983. Chegou á ilustración a través da caricatura e o cómic. Comezou a súa aventura como ilustrador infantil no ano 2011.


FELICES LECTURAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario