martes, 2 de marzo de 2021

 CLUBES DE LECTURA 2020 -2021

Benvid@s a esta nova aventura!

Os libros que imos ler este curso son:

 "O que sei do silencio" de Andrea Maceiras



«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»"O que sei do silencio" é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.


"Invisible" de Eloy Moreno



 
Emotiva, conmovedora, diferente... Invisible narra, a través de los ojos de un niño, una historia que podría ser la de cualquiera de nosotros.
¿Quién no ha deseado alguna vez ser invisible?
¿Quién no ha deseado alguna vez dejar de serlo?
Esta novela nos cuenta la historia de un joven que despierta en una cama de hospital sin recordar como es que llegó hasta ahí. Pero lo que si recuerda es de los superpoderes que había conseguido antes de su llegada al hospital. El más importante era el poder de hacerse invisible.
Luego de perfeccionar su súperpoder durante mucho tiempo, ya lo tenía prácticamente dominado. Nadie lo veía a excepción de su hermanita pequeña, con ella era la única con la que no podía desaparecer.


Ao remate da nosa experiencia, publicaremos un post coas nosas impresións sobre estes libros. Estade atentos! :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario